|
|
Os
xigantes, cabezudos e figuras portantes de cortexo constitúen un dos
complexos folclóricos máis estendidos polo planeta. A súa existencia en
máis de 5000 localidades de 90 países ou territorios proba a puxanza dun
fenómeno relixioso-festivo con manifestacións nos cinco continentes: en
Europa desde Rusia ata Portugal e desde Italia ata Alemaña; en América
desde Canadá ata Chile e Arxentina; en Asia por todo o sueste (Xapón,
China, Filipinas, Bangladesh, Camboia…); en África por boa parte da
conca do Níxer e o Golfo de Guinea (Burkina-Faso, Camerún, Benín, Guinea
Conakry e Bissau…), e na Oceanía nas illas da Polinesia como Vanuatu.
En Galicia os xigantes procesionais están documentados desde o
século XVII e aínda que non son tan abundantes como en Cataluña, o norte
de Francia ou a Valonia belga –as rexións europeas con maior número de
exemplares-, sobreviven en máis medio centenar de localidades galegas e
hai noticias da súa existencia nalgunhas outras nas que na actualidade
desapareceron.
Todas as cidades galegas e case todas as vilas de importancia teñen ou
tiveron xigantes e cabezudos nos seus festexos, mais foron escasos os
estudos que se lles dedicaron. Esa carencia é a que pretendemos cubrir
con esta Web na que se analiza a orixe e significado dos xigantes
galegos, á luz de paralelos tanto peninsulares como europeos, ao tempo
que se catalogan, estudan e reproducen todos os casos dos que puidemos
atopar noticias

Castellano
|

Localidades galegas con xigantes e cabezudos documentados
(preme no concello que desexes para
acceder á información do mesmo)

|